Hoxe toca facer a merenda con froita de tempada, as mazás con canela.
miércoles, 1 de octubre de 2025
NOVO CURSO E NOVAS VIVENCIAS NA BURAQUIÑA
Aproveitando o bo tempo, o alumnado de infantil e primaria decubren e desfrutan xuntos da nosa marabillosa contorna.
viernes, 26 de septiembre de 2025
PARAIXALCHEFS
Paraixalchefs está de volta!!!Inaguramos a tempada de merendas saudables. Esta semana infantil cociñou para todas e todos os compañeiros do cole un guacamole outonal,acompañado de pan caseiro e nachos seguindo a temática anual deste curso "Un paseo polo mundo".
lunes, 17 de marzo de 2025
ESPAZO DE VIDA PRÁCTICA NA AULA DE INFANTIL.
Aproveitando as leitugas da nosa hortiña, elaboramos unhas deliciosas ensaladas no espazo de vida práctica.
martes, 18 de febrero de 2025
CREATIVIDADE COAS MANS
Co material recibido de Polos Creativos fomentamos a creatividade coas mans.
Os engranaxes en movemento co xogo de construcción Korbo
lunes, 17 de febrero de 2025
PLANTANDO COA COMUNIDADE DE MONTES
Aroveitando o bo tempo poidemos achegarnos ata os montes de Teis para plantar as árbores xa crecidas.Xunto coa comunidade de montes de Teis, que se adica a reploblar con árbores autóctonas a zona, plantamos novos plantóns que sustituiron as que xa estaban secas.
Pasámolo moi ben, xa que atravesamos regatos de distintos tamaños.
Convertémonos en verdadeiros exploradores!!!
viernes, 7 de febrero de 2025
COÑECENDO DISTINTOS ANIMAIS
Traballamops no primeiro ciclo varios animais que logo tivemos que representar según aas nosas experiencias.
VISITA A UNHA ECOGRANXA
Hoxe os nenos e nenas do Paraixal visitamosunha ecogran xa. Foi unha experiencia moi enriquecedora rodeados de natureza e animais,nun ambien...
-
Paso a paso das boliñas de cabaza,queixo e pataca. A textura foi moi lixeira , pringaba as mans e os ...
-
Comenzamos a traballar no horto. Esta vez plantamos leitugas e grelos de Santiago.Tamén limpamos o bancal das aromáticas e colleitamos lav...
-
Hoxe tivemos a vista de unha píntega no cole, que apereceu no patio do cole. O alumnado devolveuno ao seu hábitat.











