martes, 15 de marzo de 2022

RETO DO MES DE MARZO

Estreamos reto no mes de Marzo:" PLANTAMOS".

O alumnado de 6º decidiu plantar sen deixar de lado a reciclaxe. Primeiro optamos por plantar no exterior,polo que utilizamos de novo, as xardineiras de palets. Alí plantamos aromáticas,amorodos e flores.

Despois decidimos darlle unha segunda vida aos bidóns que tiñamos na casa, asi que os cortamos,fixémoslle uns buracos para unha rega correcta e plantamos pementos,cabaciñas e dúas clases de tomates.

Como teñen que ter boa temperatura e rega, colocámolos nun corredor do cole para poder estar máis atentos ao seu coidado.

A continuación tedes as fotos de seu traballo.


                                              


 

sábado, 5 de marzo de 2022

TALLER DE RECICLADO DE PAPEL

 Como continuación da plantación no invernadoiro, os alumnos de 6º decidiron facer un catálogo de cada unha das plantas que cultivaremos. Nas fichas figuran os datos do que se vai a plantar, os seus coidados, a época de recolección, unha foto identificativa e un código QR onde se pode obter información das utilidades de cada unha delas.

Para poder gardar toda esa información elaboramos un catálogo realizado con papel reciclado que ampliaremos co paso do tempo.










A FOTOSÍNTESIS E OS PLUVIOMETROS.

Para comprobar a fotosíntesis pegamos uns adhesivos nalgunhas follas das plantas do cole. Transcorridos uns días veremos que onde estaban ,as follas terán unha cor amarelada.

Durante este tempo imos regar utilizando a auga da choiva, par iso construímos uns pluviómetros.










A IMPORTANCIA DA LIMPEZA

 O alumnado de 6º comprobou a importancia da limpeza cando se manipulan  os alimentos a través dun pequeno taller cunha froita que se manipulou coas mans limpas e sucias.

Co tempo púidose ver como foi o crecemento desigual dos fungos e bacterias segundo foi a súa manipulación.








PLANTACIÓN DE AROMÁTICAS

As primeiras plantacións que fixemos no invernadoiro antes do seu cambio de localización foron: perexil, romeu, menta, albáfega, millo...











MAKING A VOLCANO!!

 Esta semana no science workshop de infantil.... Making a volcano!!!