martes, 15 de marzo de 2022

RETO DO MES DE MARZO

Estreamos reto no mes de Marzo:" PLANTAMOS".

O alumnado de 6º decidiu plantar sen deixar de lado a reciclaxe. Primeiro optamos por plantar no exterior,polo que utilizamos de novo, as xardineiras de palets. Alí plantamos aromáticas,amorodos e flores.

Despois decidimos darlle unha segunda vida aos bidóns que tiñamos na casa, asi que os cortamos,fixémoslle uns buracos para unha rega correcta e plantamos pementos,cabaciñas e dúas clases de tomates.

Como teñen que ter boa temperatura e rega, colocámolos nun corredor do cole para poder estar máis atentos ao seu coidado.

A continuación tedes as fotos de seu traballo.


                                              


 

3 comentarios:

  1. ola,alguen sabe onde esta o blog de sexto,
    máis que nada por saber,

    graciñas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agora o convertemos no blog de Voz Natura .
      Pero máis abaixo segue algo do contido do anterior blog.

      Eliminar

NOVA FAUNA NO COLE

 Hoxe tivemos a vista de unha píntega no cole, que apereceu no patio do cole. O alumnado devolveuno ao seu hábitat.